miércoles, 21 de enero de 2009

Horas urxentes

Xosé Ferreiro sentíase canso de estar deitado nunha das tantas paiolas aparcadas ó longo do corredor, mais non tiña forzas para protestar. O seu fillo trataba de animalo con contos e algún bico que outro na cachola. Ás veces Xosé, sorría, outras, só tusía.

O corredor no que estaba Xosé era dun branco apagado e pouco san, e, de fixarse pouco, calquera pensaría que a única vida que alí había era a das bombonas de osíxeno que alimentaban as máscaras de un ou dous vellos que nin sorrían nin tusían.

Caras de sapoconcho doente e suores acervexados agardaban a súa vez e comían o cada máis pequeno espazo polo que as bonitas médicos e enfermeiras víanse obrigadas a pasar.

-Por favor, os acompañantes que vaían á sala de espera. Non temos sitio suficiente para os enfermos.

As protestas e soar de móbiles organizaban unha pequena barricada no estreito corredor.

-Estou infartada e aquí me teñen.

-Esquecéronse de min.

-Levo dende as doce agardando e a miña nai aínda non saíu.

A señora non leva etiqueta e é unha acompañante –“Os acompañantes fóra, que non temos sitio para os enfermos”-; á súa nai están a atendela; a súa etiqueta indica que leva menos tempo alí do que a filla di.

Xosé Ferreiro segue a tusir e o seu fillo, na sala de espera, non o pode atender. Tampouco os de branco poden. Nin os de verde, nin os de azul. Todos van e veñen, e por algunha razón, lémbranse de sorrir cado alguén os interrompe.

-¿E este? ¿Por que non se vai este tamén? Non leva etiqueta.

A enfermeira mírame con ollos grandes e non me ve. Alporizada a señora, ponme mala cara e insiste en que si eu non vou, ela tampouco. Só me queda por a mi miña mellor cara e calmala:

-Acouga, que logo falamos ti e máis eu.

4 comentarios:

Rebeca Gonzalo dijo...

¡Joder! con lo que me ha costado entenderlo y justo me pierdo en la última frase. ¿Qué significa?

Grilo do Demo dijo...

Tranquilízate, que luego hablamos tú y yo.

Metalsaurio dijo...

Eso mismo.

Anónimo dijo...

Eu non lo entendeu. Mais, so segurou que es magnificou.